miércoles, 5 de diciembre de 2018

Encantado de Coñecerme 2018

Axudarnos a nós mesmos, descubrir que moitas respostas están no noso interior, tratar de descubrir as nosas metas, as nosas fortalezas e, en resumo, optimizarnos e desenvolvernos como persoas... Estes son algúns dos obxectivos do taller de motivación "Encantado de coñecerme" que, na súa segunda edición no IES Celanova co alumnado de FP básica como destinatario, volveu a ter tanta aceptación como no curso pasado. Aquí vos vai o documento gráfico. Ata o ano que ven!


lunes, 26 de noviembre de 2018

Recreos saudables vento en popa!

Quítannola das mans! Por fin a froita é a protagonista nos recreos dos xoves... foitiña rica, fresquiña, de tempada, como ten que ser. Cundirá o exemplo e se tornará protagonista o resto dos días? Agardamos que si. Mirade, mirade que boa aceptación ten!


martes, 6 de noviembre de 2018

Sen tempo non foi! Volvemos á carga con boas noticias!!!

Como sabedes, somos do máis mediático: de novo aparecemos na prensa, e para ben, como non podía ser menos.

 Neste artigo, La Región comparte cos lectores o noso recente recoñecemento nos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2018 e outros proxectos que estamos a poñer en marcha neste curso 18-19.

Destacou a prensa ademais, moi positivamente, o noso programa Mens Sana in Corpore Sano, e mesmo aparece unha foto dos Recreos Saudables!!!

Deixámosvos o enlace ao artigo, que aproveite! Seguiremos informando!


martes, 26 de junio de 2018

E, por fin, o vídeo!!!! Felices vacacións!!!!

Toda a comunidade educativa representada no noso multitudinario flashmob para celebrar a chegada das vacacións! Feliz verán!!!


martes, 19 de junio de 2018

Algo vai pasar o día 21 de xuño...

Atentos e atentas... levamos xa varias semanas practicando, repetindo, ensaiando... quecendo, en definitiva, para o fin de festa deste curso 18-19...

Non vale parar...! Por se acaso, alá vai o tutorial para que aprendades ben a coreografía para o flashmob co que celebraremos a chegada do verán e as vacacións!!!


viernes, 18 de mayo de 2018

Non vale parar: a TvG no IES Celanova

Así de mediáticos somos: a TVG veu facer unha reportaxe para o programa Vivir Aquí, sobre a vida do centro, e así foi o resultado...

 

miércoles, 25 de abril de 2018

Mañá toca... Xoves Saudable!!!

Pois si, mañá, como tódolos últimos xoves de mes, na cafetería teremos froita e bocatas, auga e zumes, e nada de bollería nin refrescos... A ver se nos imos dando de conta de que nos senta moitísimo mellor a comida saudable, e non enchemos o bandullo con refrescos cheos de gas e azúcares. Deixámosvos uns consellos nutricionais da Asociación Española de Pediatría: Pincha na pirámide alimentaria!



E para máis información, aquí vos vai outro artigo da Asociación Española de Pediatría, que tamén podes atopar neste enlace .

sábado, 14 de abril de 2018

Que ben o pasamos na xornada deportiva!

Houbo tempo para todo... para bailar, para xogar e para convivir... alumnado e profesorado gozou da xornada deportiva previa ás vacacións que todos esperamos que se repita. A destacar os profes e as profes que se animaron a xogar a fútbol, baloncesto e brilé... por certo, o profesorado gañou ao alumnado! Teremos que xogar a revancha en canto se poida. Seguiremos informando! Aquí vos deixamos as probas!

miércoles, 21 de marzo de 2018

Atención, atención! Recibimos as vacacións con xogos populares!!!

Por fin, xa estamos chegando ao final do segundo trimestre. Para celebralo, o último día, o próximo venres día 23, temos preparado un maratón de xogos populares e outras actividades deportivas, onde non faltará o baile e a festa.

Todos os cursos, alumnado e profesorado, participaremos nesta xornada de promoción da actividade física e da convivencia escolar, que terá lugar no polideportivo a partir do primeiro recreo.

Esperámosvos!




miércoles, 14 de marzo de 2018

Musicoterapia

Como complemento á actividade física incidimos tamén na educación integral do alumnado, facendo valer o título do proxecto ("Mens Sana in Corpore Sano").

A Música, pulso&matriz. Saúde na educación” é un proxecto educativo interdisciplinar que ten como obxectivo a formación integral do alumnado, para mellorar a súa calidade de vida e o seu crecemento persoal, intelectual e cognitivo a través da aplicación da música e o son. Está incluído dentro do proxecto de centro “Mens sana in corpore sano”, que fomenta os hábitos saudables do alumnado na alimentación e o exercicio físico.
           
As sesións realízanse cunha periodicidade mensual e para todo o alumnado cos musicoterapeutas Montse Merino e Marco Costa. O traballo realizado ao longo do curso terá como resultado final a representación “Harry e Merincios. Maxia e música”: Harry o Mago ven a Galicia a visitar á súa amiga Merincios a Meiga para propoñerlle algo que ela non poderá rexeitar. O escenario do seu encontro, será o IES de Celanova, pois hai anos Harry, casualmente, visitou o edificio e quedou prendado del, da súa intrigante historia e do grande parecido co seu querido Colexio Hogwarts de Maxia.


Tivemos un aperitivo do resultado final o día 21 de decembro cunha interesante actividade...






E para darvos unha pista do que son as sesións, aquí vos deixamos esta montaxe. Seguiremos informando!


martes, 13 de marzo de 2018

Primeiros Auxilios no IES

Primeiros auxilios para todas e todos! O día 22 de febreiro tódolos cursos pasamos por esta actividade tan interesante, pois con unha atención inmediata e in situ podemos reducir as consecuencias de certas lesións ou accidentes.

Proporcionar un perímetro de seguridade na zona, contactar cos servizos correspondentes mantendo a calma e proporcionar ubicación e informe da situación son os primeiros pasos, pero a continuación, a valoración da consciencia do accidentado, a respiración e o pulso tamén é de moita axuda... e mesmo practicar a reanimación cardio pulmonar!

Unha formación de vital importancia que nos pode ser moi útil agora e no futuro!


Cara a cara cos compañeiros de Alcohólicos Anónimos


Estes son algúns dos testemuños que puidemos escoitar onte, día 12 de marzo, pola tarde no salón de actos: 

“Me llamo X y soy alcohólico”

“La bebida acaba con la vida”

“Estoy orgulloso de ser alcohólico y reconocerlo, porque así he atajado el problema. Antes era un borracho”

“La bebida me hacía mentir, ponerme agresivo incluso con las personas que me querían ayudar”

“El vino con gaseosa que nos daban de pequeños también era un peligro”

“Llega un momento de no retorno en el que te das cuenta del infierno en el que estás. Le llamamos tocar fondo

“La sustancia no era el problema. El problema lo tenía yo.”

“El alcoholismo es una enfermedad progresiva, incurable y mortal”

“Me llamo “X…” y hoy no he bebido”

“Hacía daño a todos los que tenía alrededor”

“En AA hay gente de toda condición, género y edad”

“Antes la proporción entre hombres y mujeres era de 3 a 1. Ahora se está equiparando”

"Alcohólicos Anónimos (A.A.) es una comunidad de hombres y mujeres que comparten su mutua experiencia, fortaleza y esperanza para resolver su problema común y ayudar a otros a recuperarse del alcoholismo. El único requisito para ser miembro de A.A. es el deseo de dejar la bebida."


Foi unha experiencia impactante escoitar a estes compañeiros que viñeron a peito descuberto a contarnos a súa historia de primeira man. Puidemos comprobar que non é ningunha broma, que non é ningunha risa e que calquera pode correr ese risco… e cada vez a idades máis temperás. 

A prevención e a información son as armas máis poderosas para loitar con esta lacra.

Mil gracias a Alcohólicos Anónimos pola súa axuda, á sociedade en xeneral e a nós en particular.

E rematamos con unha recomendación que eles mesmos nos deron: Se alguén coñece algún caso de persoas achegadas que poidan ter problemas coa bebida, que se poña en contacto no teléfono 646 645 119 ou na web


Tamén na web podedes atopar interesantes lecturas, documentais, curtametraxes e moita, moita información.


miércoles, 7 de marzo de 2018

Viaxe a Andorra


El domingo 25 de Febrero, a las cinco de la tarde, salió el bus de Celanova con un montón de niñas y niños eufóricos en él. Hicimos varias pausas a lo largo del camino y, después de 14 horas, llegamos a Andorra. 

Esa misma mañana fuimos a alquilar los esquís y un poco más tarde por fin subimos en teleférico a la estación de montaña. Allí, con los esquís a la espalda, bajamos por unas escaleras mecánicas hasta la pista de iniciación, donde empezaron las clases. La primera vez sólo dos fueron capaces de bajar esa pista, pero a la tarde ese mismo día ya muchos eran capaces de esquiarla. Al acabar, cansados, fuimos al hotel y colocamos nuestras cosas.

A la mañana siguiente nos tocaba esquiar otra vez: de diez a doce esquí libre, de doce a dos clases de esquí, a las dos y veinticinco comíamos y a la tarde de nuevo esquí  libre hasta las cinco y media; ese era el horario. El martes a la tarde fuimos a la piscina del hotel y una hora más tarde cenamos.
El miércoles el horario de esquí era el mismo, y ya éramos capaces de bajar las pistas sin problemas gracias a las muchas caídas que demostraban nuestro gran esfuerzo.  Esa noche, después de cenar, fuimos hasta las doce a una discoteca.

La mañana del jueves, con muchísima nieve, casi todos buscábamos una excusa para descansar un poco más. Ese día la nieve estaba muy diferente, más blanda y lenta. Nuestra jornada de mucho trabajo fue compensada con una tarde noche en el balneario de Caldea, allí, entre piscinas, saunas, jacuzzis y baños romanos, pasamos parte de nuestra última noche en Andorra.

El viernes el tiempo corría más deprisa. Hacía muy buen día y todos y todas esquiábamos mucho más rápido, más tiempo y mejor que el lunes… a la tarde, tras devolver los esquís y las botas, volvimos de regreso en autobús  un montón de niñas y niños que dormían cada uno en una postura distinta.

El sábado a las 09:30 llegamos a Celanova tras vivir una semana en la que estuvimos fuera de casa, en un hotel en el que los alumnos/as estábamos distribuidos en diferentes habitaciones; en la que dispusimos de tiempo libre y realizamos actividades que nos gustaron como la del balneario de Caldea; y sobre todo en la que aprendimos a esquiar y disfrutar esquiando con los amigos.
                                          

                                                                        Clara Lamberdina Erbén Vázquez, 2º ESO A



"Ir a Andorra para mí era importante, mucho más que para el resto de la gente que iba... era muy importante porque me considero una persona muy dependiente de mis padres, o al menos me consideraba."
Anxo Buitrago

"Me lo pasé muy bien aunque pensaba que no, porque sólo conocía a 1 persona pero acabé conociéndolos a todos y pasamos muy buenos momentos"
Meritxell Nieto

"El viaje fue una de las experiencias más chulas que he vivido. Fue una de las primeras veces que estuve tanto tiempo seguido con mis mejores amigos"
Noa González

"En el autobús y en el hotel fuimos con unos mayores e hice muchos amigos. Lo pasé muy bien, ya que estuve casi todo el tiempo esquiando."
Brais Alonso


martes, 27 de febrero de 2018

Encantado de coñecerme!

     Os días 13, 14, 19 e 20 de decembro participamos no obradoiro "Encantado de coñecerme", no que traballamos aspectos relacionados coa motivación e a autoestima.

     O alumnado de FP Básica descubriu así o seu gran potencial, o que repercutirá moi positivamente en cuestións como a superación de limitacións, o traballo en equipo ou a cooperación, que son de vital importancia para a realización de actividade tanto física como mental.

Repetiremos!

sábado, 24 de febrero de 2018

Todos á neve!

Como xa é tradición dende fai uns anos, a neve nos espera! Mañá, día 25, arrancaremos cara Andorra para pasar uns días inesquecibles onde deporte e convivencia conformarán unha experiencia extraordinaria.


Deixámosvos unhas fotos da viaxe do curso pasado... falan por si mesmas!





miércoles, 21 de febrero de 2018

Os nosos "Recreos Saudables"

E xa metidos en materia, a través desta bitácora, irémosvos contando as nosas actividades saudables, comezando polos recreos...

 por fin podemos saír a practicar actividades físicas diversas!, 

grazas a que dende o centro solicitóuselle ao concello a concesión da nosa preciosa alameda para poder saír durante os primeiros recreos de todo o curso, e ter así un espazo axeitado para movernos con liberdade.

 Así, co acordo de todos, o alumnado de 1º e 2º ESO comezou a saír para practicar deportes como o fútbol ou o bádminton, e neste momento amplíase a oferta (a proposición deles mesmos) a outros xogos, como a comba, a soga e demais. Eles mesmos teñen que informarse das regras e organizarse para xogar.

No terceiro trimestre os xogos populares serán os protagonistas, recuperando así as brincadeiras de toda a vida: o pilla pilla, as carreiras de sacos... haberá espazo para a billarda ou os zancos? Xa vos contaremos!

 Polo momento deixámosvos unhas fotos para que vexades o bo ambiente que temos!





miércoles, 14 de febrero de 2018

Mens Sana in Corpore Sano


Comezamos a nosa andadura nesta nova bitácora do IES Celanova onde queremos reflectir os avances e actividades dun interesante proxecto relativo á saúde integral da comunidade educativa: "Mens Sana in Corpore Sano”.

Agardamos que o aquí publicado sexa do voso interese. A continuación deixámosvos o seguinte extracto do proxecto xeral que podedes consultar neste mesmo blog na pestana "O proxecto".


OBJETIVO GENERAL

Pretendemos que el centro educativo actúe como dinamizador y promotor de hábitos de vida activa y saludable. Buscamos que el alumnado reciba información y asesoramiento de cómo incorporar en su día a día, tanto en horario lectivo como no lectivo, ejercicio físico y buenas prácticas de alimentación, así como incrementar en su estancia en el centro hábitos de vida saludable.

OBJETIVOS ESPECÍFICOS


  • Incrementar la carga de actividad física diaria realizada por el alumnado dentro del horario lectivo.
  • Fomentar en la comunidad educativa la necesidad de llevar una vida activa
  • Dinamizar y promover hábitos de vida activa y saludable, rentabilizando los recursos existentes
  • Informar y asesorar a la comunidad educativa de cómo incorporar, en su día a día, ejercicio físico y buenas prácticas de alimentación
  • Incrementar en el centro educativo la práctica de actividad física, ejercicio físico y deporte
  • Instaurar en el centro educativo pautas de alimentación saludable
  • Valorar la condición física para la salud del alumnado como método de evaluación y seguimiento