lunes, 11 de noviembre de 2019

Formación sobre a diabetes

O día 5 de novembro o persoal do centro recibiu formación sobre a diabetes a cargo da Asociación Diabética Auria. Deixámosvos o vídeo informativo e os testemuños gráficos. 










miércoles, 6 de noviembre de 2019

A importancia do desfibrilador.

Hoxe tócanos facer eco dunha triste noticia: tras unha parada cardio respiratoria, un alumno de 13 anos do IES de Burela faleceu sen que os profesionais da saúda puidera impedilo. Non obstante, como se relata na noticia, o profesorado do centro, que recibiu formación ao respecto e contaba cun desfibrilador, fixo que ao alumno recuperarara o pulso nun primeiro momento, mais por desgraza, no traslado ao hospital volveuno a perder. Lede a noticia completa aquí.


lunes, 4 de noviembre de 2019

Jose Antonio Marina: "La tecnología está creando una pasividad peligrosa"

Hoxe partillamos este artigo do filósofo, pedagogo e escritor Jose Antonio Marina. Coñecido polas súas teorías da intelixencia, da creación ou polo seu proxecto ético, temos que salientar a súa excelente laboura en divulgación. Neste artigo prevén sobre o mal uso das tecnoloxías, reivindica o coidado da educación na primeira infancia e na adolescencia e salienta a importancia da educación emocional: dar ferramentas para que cada individuo sexa quen de afrontar os seus problemas.

Lede o artigo completo, que non ten desperdicio...


martes, 29 de octubre de 2019

Boas ideas contra o sedentarismo

Hoxe achegámosvos un par de titulares de prensa que retratan os intentos dalgúns dos nosos organismos por devolvernos calidade de vida.

Por unha banda, o Pedibús do Concello de Carballo, que é unha ruta escolar con paradas pero na que tódolos nenos van andando, acompañados dalgúns pais e voluntarios e axudados pola Policía Local e algúns establecementos que quedan de paso. Se trata de reducir o uso dos veículos no centro da vila e de que se recupere a saudable tradición de ir andando á escola. Picade na imaxe para ler a noticia completa.


Neste outro artigo (imaxinación ao poder!) aparece, entre outros, un colexio inspirado en Harry Potter que realiza dinámicas para fomentar a actividade física. Non ten desperdicio! Pica na imaxe!





jueves, 17 de octubre de 2019

E o noso Club de Baloncesto arrancou onte!

Pero non é só un club de baloncesto, non... tamén é un club de lectura! Pois si: da man dos compañeiros do CEIP Curros Enríquez da nosa vila, comezamos esta andadura na que 3 tardes á semana, o alumnado que o solicite pode participar nos adestramentos que se realizan nas instalacións do Curros paralelamente á lectura dos libros propostos polo club de lectura do centro. Unha idea xenial que xa tiñan posta en marcha no cole e que gracias a eles podemos continuar nós, para que o alumnado que recibimos este ano poida manter estas dúas actividades tan saudables! Deixámosvos unhas imaxes...





viernes, 4 de octubre de 2019

Continuamos participando nos Plans Proxecta co Proxecto Deportivo de Centro

Non vale parar! Xa estamos apuntados, como dende fai xa uns anos, no Proxecto Deportivo de Centro  dentro dos Plans Proxecta da Consellería de Educación da Xunta.

O PDC (Proxecto Deportivo de Centro) ten como finalidade a promoción da vida saudable e da actividade física nos centros educativos, dentro e fora do currículo e en horario lectivo e non lectivo. O obxectivo último é asegurar que todo o alumnado recibe información e asesoramento para incorporar a actividade física como hábito na súa vida.

O PDC concretarase en multitude de actividades ao longo do ano, das que vos iremos informando.

martes, 24 de septiembre de 2019

Benvidos! Agora, máis ca nunca... somos o que comemos.

Benvidos e benvidas ao novo curso, que como sabedes estreamos co noso flamante distintivo de calidade do Ministerio de Educación "Sello de Vida Saludable".

Desexámosvos o mellor para esta nova andaina, lembrándovos que dende esta bitácora irémosvos informando de cantas actividades do centro estean relacionadas coa vida saudable, o consumo responsable, o desenvolvemento sostible, a boa convivencia, o ocio positivo... E tamén colgaremos enlaces a documentos e vídeos de interese sobre estes temas.

Alá vos vai no día de hoxe este interesante vídeo de "El Comidista" sobre os alimentos ultraprocesados, os inimigos da nosa dieta. Como sabedes, moitos alimentos que se venden mesmo con etiquetas de "sans", "light", "0%" son en realidade moi insalubres, e empregan técnicas publicitarias enganosas para colarse nas nosas despensas.

Os ultraprocesados, como se explica no vídeo, son facilmente recoñecibles: teñen moitos, moitísimos ingredientes, dos cales a maioría non estarían presentes na nosa cociña: estabilizantes, potenciadores do sabor, glutamatos, etc.; e ademais, teñen, habitualmente, excesivos azucres, sal e graxa.

Non vos perdades o vídeo, a vosa saúde volo agradecerá.



jueves, 4 de julio de 2019

Por fin, o "Sello de Vida Saludable" do Ministerio de Educación xa está con nós!

Estamos encantados de anunciarvos que Mens Sana In Corpore Sano ven de acadar o distintivo de calidade "Sello de Vida Saludable" concedido polo Ministerio de Educación aos centros que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a realización de prácticas de vida saudable e unha educación física que permita o adecuado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización do alumnado. 

Continuaremos traballando... xa estamos argallando novidades para o curso que vén. Feliz verán!






jueves, 13 de junio de 2019

A xornada na rúa, un éxito!

Pois así de chula quedou a nosa carpa informativa! Para os que non puidestes vir, aquí vos achegamos o díptico e algúns dos materiais que elaboramos para poder difundir mellor as nosas conclusións:



O NOSO DÍPTICO





OS NOSOS MURAIS







miércoles, 5 de junio de 2019

Consume con xeito: Cómprame A Igualdade sae a rúa.

A nosa campaña de sensibilización sobre consumo e xénero Cómprame A Igualdade, da man da campaña da Biblioteca Voces de Muller e dos Plans Proxecta da Xunta, sairá a rúa o próximo luns 10 de xuño pola tarde. Na nosa carpa que vos espera na Praza Maior de Celanova partillaremos con vós o noso traballo, as nosas conclusións e a nosa ilusión por cambiar o entorno en positivo. Agardámosvos.


Este estupendo audiovisual resume o noso traballo... Bótalle unha ollada par ir facendo boca!


jueves, 23 de mayo de 2019

"La isla de las flores"

Unha curta para a reflexión. Partillámosvos este traballo da hora de lectura, en colaboración con Mens Sana in Corpore Sano e a campaña de consumo responsable Cómprame a Igualdade. Entre todos traballamos para concienciar á nosa comunidade educativa e fomentar o espírito crítico.

Neste padlet podedes atopar a curta que vimos, traballamos e debatimos en clase, "La isla de las flores", a dinámica de traballo e algúns dos produtos finais (algúns estámolos aínda rematando...) .

É curioso o feito de que cada persoa ten diferentes xeitos de asimilar o que aprende, e tamén o feito de que os datos e as ideas calan de diferente modo nas mentes de cada un. Reciclaxe, racismo, antibelicismo, xustiza social... Co mesmo punto de partida, cada membro do grupo destilou diferentes conclusións e sintetizounas de maneiras diversas nos seus produtos finais.

Aí vos deixamos o froito do noso traballo.


Hecho con Padlet

martes, 14 de mayo de 2019

O noso decálogo da hixiene!

Os de Cultura Científica, que están traballando arreo no seu proxecto sobre Redución, Reutilización e Reciclaxe, sacaron tamén un ratiño para elaborar este decálogo tan ben feitiño para que a convivencia sexa un pouco máis doada e a nosa saúde mellore. Xa está pendurado en tódalas aulas, por se algún puntiño se nos esquece... Agardamos que non!

viernes, 3 de mayo de 2019

Os documentos gráficos da Xornada Deportiva do 12 de abril!

Fixéronse esperar, pero xa temos aquí os testemuños gráficos dos bos ratos que pasamos na Xornada Deportiva coa que lle demos a benvida ás vacacións... Sobran as palabras. Dende aquí, dar as grazas ás persoas que as fixeron posibles, tanto membros do equipo directivo e do claustro como dos colaboradores que se prestaron a botarnos unha man: a monitora de Pilates e profe de ximnasia rítmica de Celanova Thais López, os membros de Capoeira Ourense Andarué e o xogador neozelandés de rugby Jason Harvey que se brindaron a facer os obradoiros co alumnado.

miércoles, 27 de marzo de 2019

Mens Sana coas matemáticas!

Tempo hoxe para amosarvos este bonito traballo do noso alumnado organizado polo departamento de matemáticas e co que participarán no concurso "Explícoche Matemáticas 2.0 2019" da Facultade de Matemáticas da USC.
Paula e Fran - alumnos de 4º de ESO - explican o uso da trigonometría a través deste vídeo que se realizou no patio do noso instituto para medir a altura dun ciprés e calculalo a través dos datos proporcionados co teodolito (un instrumento de medición mecánico-óptico que se utiliza para obter ángulos verticais e horizontais, na maioría dos casos, ámbito no cal ten unha precisión elevada - Wikipedia) que trouxo Xavier e a axuda de Rosa, profesora de matemáticas do centro. Grazas a Carlos Alonso por axudarnos con todo!

martes, 26 de marzo de 2019

Atención! Á vista xornada deportiva!!! O día 12 de abril!!!!

Xa estamos organizando a próxima xornada deportiva, que será o 12 de abril a partir das 10.25, e este ano haberá sorpresas... Ademáis dos partidos de profesorado e alumnado teremos tamén xogos populares e... ATENCIÓN, ATENCIÓN: capoeira e pilates!!!! Ídevos preparando!!!! Para que vos documentedes, aquí deixamos un par de vídeos.


miércoles, 13 de marzo de 2019

Experiencia Andorra: de novo, inesquecible

Máis vale unha imaxe que mil palabras. Aí vos queda o vídeo-resumo do que foi unha experiencia para todos fantástica que xa vai pola súa terceira edición.

martes, 12 de marzo de 2019

Comida por semana no mundo: Concienciándo-Nós sobre a nutrición responsable

E por fin, o padlet completo con toda a información sobre este mini-proxecto que realizou o alumnado de 2ºESO nas Horas de Lectura dentro do programa Mens Sana. Os medios son austeros, pero o importante é reflexionar sobre como se consume globalmente e como nos pode afectar a nós o noso propio consumo e o das persoas que nos rodean, a nivel saúde persoal e colectiva. Esperamos que vos guste.


Hecho con Padlet

martes, 19 de febrero de 2019

Concienciándo-Nós

Xa van tomando forma os produtos da nosa pequena campaña na que nós mesmos nos concienciamos e tentamos concienciar a quen nos queira escoitar, Concienciándo-Nós. Á espera de que o taboleiro Padlet "Comida por Semana no Mundo" estea repleto dos nosos mini-spots, aquí vos vai un adianto do que estamos a facer. Ser conscientes da realidade é o primeiro paso para mellorala. Alá imos!









martes, 12 de febrero de 2019

Charla do plan director: Drogas

"Aún así piensas intentarlo?" Esta era unha das consignas que onte se comentaron na charla acerca das drogas que impartiron dous axentes da Guardia Civil. Cunha linguaxe directa, clara e uns vídeos moi ben escollidos por explícitos e impactantes, a charla centrouse sobre todo nas consecuencias físicas e psíquicas que o consumo de alcol, tabaco e drogas ilegais traen á vida das persoas, e como repercuten tamén na vida dos allegados. O alumnado de segundo e terceiro considerou a charla moi interesante e estivo moi atento e participativo.




lunes, 11 de febrero de 2019

Referentes femininos no deporte

Aquí vos deixamos unha parte do material da campaña da Biblioteca, que como sabedes, neste 2019 está dedicada a poñer á muller no seu lugar. Este material, que estará exposto na biblio, xa o podedes consultar aquí de manera virtual, e é que consideramos moi necesario atopar referentes femininos en moitos campos onde parece que a muller non existe. O deporte é un deles. Que aproveite.








A selección galega de fútbol sub-20 logra a prata en Madrid

A selección feminina galega sub-20 acadou a prata no Campionato de España contra a selección de Cataluña, mais prantaron cara ata o final: o resultado foi un axustado 1-2.

Estamos particularmente contentos con tan bos resultados para o noso deporte pois na selección xogan unha alumna nosa, Amelia Cobelas, e unha exalumna, Vera Rivero, ás que mandamos os nosos parabéns. Estamos moi orgullosos de vós!

A prensa recolleu o gran traballo da selección:

https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/02/09/cinco-ourensanas-buscan-final-seleccion/2048501.html

https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/02/11/seleccion-gallega-sub-20-logra/2049397.html


Patinando sobre xeo

Co inicio das vacacións de Nadal quedounos no tinteiro o falarvos desta actividade tan divertida pola que pasaron tódolos curso do IES e que tivo moi boa aceptación: patinar en xeo non é cousa de tódolos días, e grazas á colaboración entre o IES e o Concello o alumnado tivo a posibilidade de realizala.

Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron. Isto si que é ocio saudable!!!


jueves, 7 de febrero de 2019

Xornada de portas abertas

Estamos encantados de partillar con vos o vídeo que onte ilustrou a Xornada de Portas Abertas 2019 que foi un éxito en tódolos aspectos. Deixámosvos tamén unhas fotos e o folleto informativo.

 






martes, 5 de febrero de 2019

O noso lema!

Pois aquí temos a nosa declaración de intencións con respecto ao Programa Mens Sana in Corpore Sano: Educación Integral, saúde, nutrición, deporte, cooperación, motivación, reciclaxe, sostibilidade... E moito máis!!! Por unha comunidade educativa saudable!!!

viernes, 25 de enero de 2019

Chega o entroido... Xa tedes a vosa coreografía?

Non esquezas que, como tódolos anos, no IES celebramos o Entroito por tódolo alto. As coreografías do festival son un dos puntos fortes da festa, así que, a que esperades para comezar a vosa? Lembrade que esto non é cousa dun día, que hai que practicar e practicar para que os resultados sexan os desexados. Colgámosvos o vídeo do ano pasado para que vos motivedes...

jueves, 24 de enero de 2019

O IES, de novo na prensa!!!! Meteoescolas, cambio climático e máis!

Varios xornais teñen recollido últimamente novas sobre os nosos proxectos e premios. La Región ilustraba a súa entrada cunha foto dos nosos recreos saudables, e tamén no Faro de Vigo e na Voz apareceu información periódica sobre os nosos éxitos.

Os nosos dous últimos recoñecementos son o Premio de Traballo por Proxectos a "Consortes Con Sorte?", que vos referimos no noso blog da biblioteca Bibliopoleiro, e un dos Premios Proxecta polo noso traballo con Meteoescolas, cuxa entrega terá lugar proximamente.

Os que sodes da casa sabedes que levamos xa varios anos dentro deste programa, en concreto dende  2012, que comezou sendo un proxecto de tres departamentos (Ciencias Naturais, Xeogrfaía e Historia e Matemáticas) e agora aglutina colaboracións de case tódolos departamentos. Son tantas as actividades que se levan feito que é complicado resumilas todas. O xerme do asunto é a nosa estación meteorolóxica da que obtemos datos que procesamos para despois comparalos cos datos obtidos nas estacións de  Meteogalicia, tanto na nosa zona como noutras de Galicia, e así valorar os cambios no clima e coñecer as diferentes zonas climáticas. Inspirados nesta temática, outros departamentos uníronse ao proxecta, cada un abordando o clima dende a súa perspectiva. Podedes ver todo este gran traballo no blog do programa, escarabana.blogspot.com.

Deixámosvos cos tres vídeos sobre o cambio climático que lle valeron ao noso alumnado o chegar á final no concurso Galiciencia.


 

 Servirá todo este gran traballo para que tomemos conciencia da situación e poñamos medidas para evitar fatais consecuencias? Agardamos que si!

martes, 15 de enero de 2019

Feliz 2019!!!! Inauguramos espazo de ocio saudable!!!

Un pouco xa entrados no ano, felicitámosvos o 2019 cunha boa noticia: o 21 de decembro, último día lectivo do primeiro trimestre, celebramos a chegada das vacacións inaugurando un novo espazo de lecer saudable, habilitado nunha dependencia do centro que a xuízo do equipo directivo estaba pouco aproveitada... E efectivamente! : previo limpado e baleirado da estancia, canasta, mesas de pingpong, porterías de mini hockey e outros trebellos para o lecer enchen agora o vello almacén do mosteiro. Servirá para pasar bos momentos practicando deporte xuntos, para cando chova e non se poida saír á alameda a xogar... e para moito máis, seguro!

Seguiremos informando, pois este espazo dará moito que falar!