martes, 19 de febrero de 2019

Concienciándo-Nós

Xa van tomando forma os produtos da nosa pequena campaña na que nós mesmos nos concienciamos e tentamos concienciar a quen nos queira escoitar, Concienciándo-Nós. Á espera de que o taboleiro Padlet "Comida por Semana no Mundo" estea repleto dos nosos mini-spots, aquí vos vai un adianto do que estamos a facer. Ser conscientes da realidade é o primeiro paso para mellorala. Alá imos!









martes, 12 de febrero de 2019

Charla do plan director: Drogas

"Aún así piensas intentarlo?" Esta era unha das consignas que onte se comentaron na charla acerca das drogas que impartiron dous axentes da Guardia Civil. Cunha linguaxe directa, clara e uns vídeos moi ben escollidos por explícitos e impactantes, a charla centrouse sobre todo nas consecuencias físicas e psíquicas que o consumo de alcol, tabaco e drogas ilegais traen á vida das persoas, e como repercuten tamén na vida dos allegados. O alumnado de segundo e terceiro considerou a charla moi interesante e estivo moi atento e participativo.




lunes, 11 de febrero de 2019

Referentes femininos no deporte

Aquí vos deixamos unha parte do material da campaña da Biblioteca, que como sabedes, neste 2019 está dedicada a poñer á muller no seu lugar. Este material, que estará exposto na biblio, xa o podedes consultar aquí de manera virtual, e é que consideramos moi necesario atopar referentes femininos en moitos campos onde parece que a muller non existe. O deporte é un deles. Que aproveite.








A selección galega de fútbol sub-20 logra a prata en Madrid

A selección feminina galega sub-20 acadou a prata no Campionato de España contra a selección de Cataluña, mais prantaron cara ata o final: o resultado foi un axustado 1-2.

Estamos particularmente contentos con tan bos resultados para o noso deporte pois na selección xogan unha alumna nosa, Amelia Cobelas, e unha exalumna, Vera Rivero, ás que mandamos os nosos parabéns. Estamos moi orgullosos de vós!

A prensa recolleu o gran traballo da selección:

https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/02/09/cinco-ourensanas-buscan-final-seleccion/2048501.html

https://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2019/02/11/seleccion-gallega-sub-20-logra/2049397.html


Patinando sobre xeo

Co inicio das vacacións de Nadal quedounos no tinteiro o falarvos desta actividade tan divertida pola que pasaron tódolos curso do IES e que tivo moi boa aceptación: patinar en xeo non é cousa de tódolos días, e grazas á colaboración entre o IES e o Concello o alumnado tivo a posibilidade de realizala.

Deixámosvos unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron. Isto si que é ocio saudable!!!


jueves, 7 de febrero de 2019

Xornada de portas abertas

Estamos encantados de partillar con vos o vídeo que onte ilustrou a Xornada de Portas Abertas 2019 que foi un éxito en tódolos aspectos. Deixámosvos tamén unhas fotos e o folleto informativo.

 






martes, 5 de febrero de 2019

O noso lema!

Pois aquí temos a nosa declaración de intencións con respecto ao Programa Mens Sana in Corpore Sano: Educación Integral, saúde, nutrición, deporte, cooperación, motivación, reciclaxe, sostibilidade... E moito máis!!! Por unha comunidade educativa saudable!!!