martes, 29 de octubre de 2019

Boas ideas contra o sedentarismo

Hoxe achegámosvos un par de titulares de prensa que retratan os intentos dalgúns dos nosos organismos por devolvernos calidade de vida.

Por unha banda, o Pedibús do Concello de Carballo, que é unha ruta escolar con paradas pero na que tódolos nenos van andando, acompañados dalgúns pais e voluntarios e axudados pola Policía Local e algúns establecementos que quedan de paso. Se trata de reducir o uso dos veículos no centro da vila e de que se recupere a saudable tradición de ir andando á escola. Picade na imaxe para ler a noticia completa.


Neste outro artigo (imaxinación ao poder!) aparece, entre outros, un colexio inspirado en Harry Potter que realiza dinámicas para fomentar a actividade física. Non ten desperdicio! Pica na imaxe!





jueves, 17 de octubre de 2019

E o noso Club de Baloncesto arrancou onte!

Pero non é só un club de baloncesto, non... tamén é un club de lectura! Pois si: da man dos compañeiros do CEIP Curros Enríquez da nosa vila, comezamos esta andadura na que 3 tardes á semana, o alumnado que o solicite pode participar nos adestramentos que se realizan nas instalacións do Curros paralelamente á lectura dos libros propostos polo club de lectura do centro. Unha idea xenial que xa tiñan posta en marcha no cole e que gracias a eles podemos continuar nós, para que o alumnado que recibimos este ano poida manter estas dúas actividades tan saudables! Deixámosvos unhas imaxes...





viernes, 4 de octubre de 2019

Continuamos participando nos Plans Proxecta co Proxecto Deportivo de Centro

Non vale parar! Xa estamos apuntados, como dende fai xa uns anos, no Proxecto Deportivo de Centro  dentro dos Plans Proxecta da Consellería de Educación da Xunta.

O PDC (Proxecto Deportivo de Centro) ten como finalidade a promoción da vida saudable e da actividade física nos centros educativos, dentro e fora do currículo e en horario lectivo e non lectivo. O obxectivo último é asegurar que todo o alumnado recibe información e asesoramento para incorporar a actividade física como hábito na súa vida.

O PDC concretarase en multitude de actividades ao longo do ano, das que vos iremos informando.