martes, 15 de enero de 2019

Feliz 2019!!!! Inauguramos espazo de ocio saudable!!!

Un pouco xa entrados no ano, felicitámosvos o 2019 cunha boa noticia: o 21 de decembro, último día lectivo do primeiro trimestre, celebramos a chegada das vacacións inaugurando un novo espazo de lecer saudable, habilitado nunha dependencia do centro que a xuízo do equipo directivo estaba pouco aproveitada... E efectivamente! : previo limpado e baleirado da estancia, canasta, mesas de pingpong, porterías de mini hockey e outros trebellos para o lecer enchen agora o vello almacén do mosteiro. Servirá para pasar bos momentos practicando deporte xuntos, para cando chova e non se poida saír á alameda a xogar... e para moito máis, seguro!

Seguiremos informando, pois este espazo dará moito que falar!




miércoles, 5 de diciembre de 2018

Encantado de Coñecerme 2018

Axudarnos a nós mesmos, descubrir que moitas respostas están no noso interior, tratar de descubrir as nosas metas, as nosas fortalezas e, en resumo, optimizarnos e desenvolvernos como persoas... Estes son algúns dos obxectivos do taller de motivación "Encantado de coñecerme" que, na súa segunda edición no IES Celanova co alumnado de FP básica como destinatario, volveu a ter tanta aceptación como no curso pasado. Aquí vos vai o documento gráfico. Ata o ano que ven!


lunes, 26 de noviembre de 2018

Recreos saudables vento en popa!

Quítannola das mans! Por fin a froita é a protagonista nos recreos dos xoves... foitiña rica, fresquiña, de tempada, como ten que ser. Cundirá o exemplo e se tornará protagonista o resto dos días? Agardamos que si. Mirade, mirade que boa aceptación ten!


martes, 6 de noviembre de 2018

Sen tempo non foi! Volvemos á carga con boas noticias!!!

Como sabedes, somos do máis mediático: de novo aparecemos na prensa, e para ben, como non podía ser menos.

 Neste artigo, La Región comparte cos lectores o noso recente recoñecemento nos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2018 e outros proxectos que estamos a poñer en marcha neste curso 18-19.

Destacou a prensa ademais, moi positivamente, o noso programa Mens Sana in Corpore Sano, e mesmo aparece unha foto dos Recreos Saudables!!!

Deixámosvos o enlace ao artigo, que aproveite! Seguiremos informando!


martes, 26 de junio de 2018

E, por fin, o vídeo!!!! Felices vacacións!!!!

Toda a comunidade educativa representada no noso multitudinario flashmob para celebrar a chegada das vacacións! Feliz verán!!!


martes, 19 de junio de 2018

Algo vai pasar o día 21 de xuño...

Atentos e atentas... levamos xa varias semanas practicando, repetindo, ensaiando... quecendo, en definitiva, para o fin de festa deste curso 18-19...

Non vale parar...! Por se acaso, alá vai o tutorial para que aprendades ben a coreografía para o flashmob co que celebraremos a chegada do verán e as vacacións!!!