miércoles, 29 de abril de 2020

Non vale parar!

Recordámosvos, de novo, que a actividade física non debe parar no confinamento... hai moitas e variadas actividades que podedes facer. Na Aula Virtual do Departamento de Educación Física hai un montón de recursos e ideas, entre eles este Monopoly tan orixinal para que poidades participar todos na casa. Que o pasedes ben!


jueves, 23 de abril de 2020

Efemérides: Día da Terra e Día do Libro

Onte, o Día da Terra. Hoxe, o Día do Libro... Estas datas axúdannos de xeito especial a visibilizar cuestións importantes que ás veces quedan agochadas nas nosas rutinas vitais.

Compartimos este material elaborado por Enxeñería Sen Fronteiras Galicia que celebra perfectamente as dúas datas: "60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar", un compendio de frases célebres coa súa autoría, agrupadas por temáticas (cada temática se presenta cun breve texto) relacionadas con cooperación para o desenvolvemento, educación, soberanía alimentaria, paz, dereitos humanos, voluntariado...Tamén inclúe os relatos O home que prantaba árbores e Canta terra necesita un home.


Lecturas fantásticas para tomar conciencia. Pica na imaxe e que aproveite!