miércoles, 10 de mayo de 2023

Estamos encantados de contarvos novas do noso alumnado deportista. Acudimos ao texto que as Escolas Deportivas de Celanova colgaron nas redes porque nel está perfectamente explicado o acontecemento do que queremos facer eco: 

¡NURIA na SELECCIÓN ESPAÑOLA! A selección feminina sub-15 de fútbol sala reunirase do 14 ao 17 de maio na Cidade do Fútbol das Rozas. 

O técnico Iñigo Martínez convocou a un total de 22 xogadoras, entre eles a nosa alumna Nuria Pascual, para unhas xornadas de adestramento técnico nas que realizarán catro adestramentos e un partido. 

Esta é a primeira convocatoria da Selección Sub-15.


Moitos parabéns, Nuria!!!




jueves, 4 de mayo de 2023

Nuria Pascual e Raúl González subcampións de España coa Selección Galega de Fútbol Sala.

 Nuria Pascual e Raúl González, ambos matriculados en 2.º ESO C no IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro, acadaron coa Selección Galega de Fútbol Sala o subcampionato de España feminino e masculino que tivo lugar en Murcia.

A selección feminina, con Nuria Pascual como capitá, non puido coa selección andaluza, perdendo na final por un axustado 2-1, mentres que o equipo masculino, con Raúl González, perdeu 7-3 contra Catalunya .

Para máis información sobre este campionato pica aquí.