miércoles, 21 de febrero de 2018

Os nosos "Recreos Saudables"

E xa metidos en materia, a través desta bitácora, irémosvos contando as nosas actividades saudables, comezando polos recreos...

 por fin podemos saír a practicar actividades físicas diversas!, 

grazas a que dende o centro solicitóuselle ao concello a concesión da nosa preciosa alameda para poder saír durante os primeiros recreos de todo o curso, e ter así un espazo axeitado para movernos con liberdade.

 Así, co acordo de todos, o alumnado de 1º e 2º ESO comezou a saír para practicar deportes como o fútbol ou o bádminton, e neste momento amplíase a oferta (a proposición deles mesmos) a outros xogos, como a comba, a soga e demais. Eles mesmos teñen que informarse das regras e organizarse para xogar.

No terceiro trimestre os xogos populares serán os protagonistas, recuperando así as brincadeiras de toda a vida: o pilla pilla, as carreiras de sacos... haberá espazo para a billarda ou os zancos? Xa vos contaremos!

 Polo momento deixámosvos unhas fotos para que vexades o bo ambiente que temos!





No hay comentarios:

Publicar un comentario