martes, 27 de febrero de 2018

Encantado de coñecerme!

     Os días 13, 14, 19 e 20 de decembro participamos no obradoiro "Encantado de coñecerme", no que traballamos aspectos relacionados coa motivación e a autoestima.

     O alumnado de FP Básica descubriu así o seu gran potencial, o que repercutirá moi positivamente en cuestións como a superación de limitacións, o traballo en equipo ou a cooperación, que son de vital importancia para a realización de actividade tanto física como mental.

Repetiremos!

sábado, 24 de febrero de 2018

Todos á neve!

Como xa é tradición dende fai uns anos, a neve nos espera! Mañá, día 25, arrancaremos cara Andorra para pasar uns días inesquecibles onde deporte e convivencia conformarán unha experiencia extraordinaria.


Deixámosvos unhas fotos da viaxe do curso pasado... falan por si mesmas!





miércoles, 21 de febrero de 2018

Os nosos "Recreos Saudables"

E xa metidos en materia, a través desta bitácora, irémosvos contando as nosas actividades saudables, comezando polos recreos...

 por fin podemos saír a practicar actividades físicas diversas!, 

grazas a que dende o centro solicitóuselle ao concello a concesión da nosa preciosa alameda para poder saír durante os primeiros recreos de todo o curso, e ter así un espazo axeitado para movernos con liberdade.

 Así, co acordo de todos, o alumnado de 1º e 2º ESO comezou a saír para practicar deportes como o fútbol ou o bádminton, e neste momento amplíase a oferta (a proposición deles mesmos) a outros xogos, como a comba, a soga e demais. Eles mesmos teñen que informarse das regras e organizarse para xogar.

No terceiro trimestre os xogos populares serán os protagonistas, recuperando así as brincadeiras de toda a vida: o pilla pilla, as carreiras de sacos... haberá espazo para a billarda ou os zancos? Xa vos contaremos!

 Polo momento deixámosvos unhas fotos para que vexades o bo ambiente que temos!





miércoles, 14 de febrero de 2018

Mens Sana in Corpore Sano


Comezamos a nosa andadura nesta nova bitácora do IES Celanova onde queremos reflectir os avances e actividades dun interesante proxecto relativo á saúde integral da comunidade educativa: "Mens Sana in Corpore Sano”.

Agardamos que o aquí publicado sexa do voso interese. A continuación deixámosvos o seguinte extracto do proxecto xeral que podedes consultar neste mesmo blog na pestana "O proxecto".


OBJETIVO GENERAL

Pretendemos que el centro educativo actúe como dinamizador y promotor de hábitos de vida activa y saludable. Buscamos que el alumnado reciba información y asesoramiento de cómo incorporar en su día a día, tanto en horario lectivo como no lectivo, ejercicio físico y buenas prácticas de alimentación, así como incrementar en su estancia en el centro hábitos de vida saludable.

OBJETIVOS ESPECÍFICOS


  • Incrementar la carga de actividad física diaria realizada por el alumnado dentro del horario lectivo.
  • Fomentar en la comunidad educativa la necesidad de llevar una vida activa
  • Dinamizar y promover hábitos de vida activa y saludable, rentabilizando los recursos existentes
  • Informar y asesorar a la comunidad educativa de cómo incorporar, en su día a día, ejercicio físico y buenas prácticas de alimentación
  • Incrementar en el centro educativo la práctica de actividad física, ejercicio físico y deporte
  • Instaurar en el centro educativo pautas de alimentación saludable
  • Valorar la condición física para la salud del alumnado como método de evaluación y seguimiento