Pois si, mañá, como tódolos últimos xoves de mes, na cafetería teremos froita e bocatas, auga e zumes, e nada de bollería nin refrescos... A ver se nos imos dando de conta de que nos senta moitísimo mellor a comida saudable, e non enchemos o bandullo con refrescos cheos de gas e azúcares.
Deixámosvos uns consellos nutricionais da Asociación Española de Pediatría: Pincha na pirámide alimentaria!
E para máis información, aquí vos vai outro artigo da Asociación Española de Pediatría, que tamén podes atopar neste enlace .
miércoles, 25 de abril de 2018
sábado, 14 de abril de 2018
Que ben o pasamos na xornada deportiva!
Houbo tempo para todo... para bailar, para xogar e para convivir... alumnado e profesorado gozou da xornada deportiva previa ás vacacións que todos esperamos que se repita. A destacar os profes e as profes que se animaron a xogar a fútbol, baloncesto e brilé... por certo, o profesorado gañou ao alumnado! Teremos que xogar a revancha en canto se poida. Seguiremos informando!
Aquí vos deixamos as probas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
E por fin, o padlet completo con toda a información sobre este mini-proxecto que realizou o alumnado de 2ºESO nas Horas de Lectura dentro do...
-
Certo é que a burocracia crecente nos impide asomarnos a esta bitácora con máis frecuencia, pero tamén é certo que non paramos de acometer ...
-
Achegámosvos, da man da Aula Virtual do Departamento de Educación Física, estes retos para que vos manteñades activos: