miércoles, 7 de diciembre de 2022

Non estivemos parados... Novas iniciativas en Mens Sana!

 Non estivemos parados, non... É que poñer en marcha un novo curso con nova lei incluída non e pouca cousa.

Queremos contarvos que este curso hai unha nova materia, Proxecto Competencial, que no IES Celanova adicaremos a traballar co alumnado aspectos como a alimentación saudable, publicidade, redes sociais, imaxe corporal e seguridade en internet, elementos que consideramos clave para o nosos alumnado e que son un complemento ideal para a práctica deportiva. 

Ademáis, contnuamos cos recreos saudables, volvemos a participar en Xogade e... xa está en marcha a semana branca en Andorra!

Deixámosvos una imaxe do fantástico traballo desenvolvido polo alumnado de Proxecto Competencial, sobre o consumo de azucre.





miércoles, 22 de junio de 2022

BASKET X LIBROS NON PARA!

 



Que bonito e concorrido foi o acto de presentación do libro de fotopoesía Entre_Vistas! Ben arroupados por pequenos e grandes, os autores do libro contáronnos experiencias e anécdotas, houbo tempo para os parabéns, o recitado de poemas do libro e a música. Tamén as autoridades fixeron acto de presencia apoiando esta fermosa iniciativa. Deixámosvos unhas imaxes que a Fundación Curros moveu polas súas redes sociais (moitísimas grazas tamén!).

 É unha sorte poder continuar colaborando cole e instituto, pequenos e grandes, profes e familias, e institucións da vila e provinciais. Adiante Basket x Libros!!!

 





Na nosa biblio xa podedes colaborar levando o libro por só 10 "ouriños" de donativo!




lunes, 4 de abril de 2022

Estivemos caladiños pero non ociosos: Andorra 2022

 Certo é que a burocracia crecente nos impide asomarnos a esta bitácora con máis frecuencia, pero tamén é certo que non paramos de acometer empresas tan bonitas como esta: primeira viaxe á neve post-pandemia!

Parabéns ao departamento de Eduación Física e a todo o profesorado que colaborou nela! 

Aquí vos deixamos o testemuño audiovisual.