
Estamos
encantadas polo ben que saiu a presentación da exposición de
fotopoemas ENTRE_VISTAS,
na que Juan Vila aportou as imaxes e Xoan Carlos Domínguez Alberte, a
literatura.
Acudiron
ao acto veciños e veciñas, nais e pais, alumnos e alumnas, poetas,
representantes do concello e algúns profes. Parécenos moi
importante e significativo o feito de reunir a membros das
comunidades educativas dos centros públicos da vila (cole e
instituto) en colaboración estreita co concello para apoiar ao noso
querido proxecto Basket X Libros, que como sabedes, levamos a cabo
conxuntamente co CEIP Curros Enríquez. Bravo!
O
evento, no que interviñeron os artistas e o alcalde, e no que se leron unhas palabras de apoio do director do IES, contou tamén
con poesía e música. A Casa dos Poetas foi o lugar elixido, como
non podía ser doutra maneira, para inaugurar a exposición, e
albergala durante os meses de decembro e xaneiro.
Xa
quedan á vosa disposición na Librería Conde os fotopoemas impresos
en forma de fermosas tarxetas para que fagades fantásticos agasallos
de nadal, e unhas tazas preciosas que veredes nas imaxes.
Por
certo, todas as imaxes que mostramos a continuación foron cedidas
pola Fundación Curros Enríquez a través das súas redes sociais.
Moitísimas grazas por apoiarnos!
Lembrade
que todos os beneficios da venda destes produtos serán para Basket X
Libros. Longa vida a este proxecto!





