Nuria Pascual e Raúl González, ambos matriculados en 2.º ESO C no IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro, acadaron coa Selección Galega de Fútbol Sala o subcampionato de España feminino e masculino que tivo lugar en Murcia.
A
selección feminina, con Nuria Pascual como capitá, non puido coa selección
andaluza, perdendo na final por un axustado 2-1, mentres que o equipo
masculino, con Raúl González, perdeu 7-3 contra Catalunya .
Para máis información sobre este campionato pica aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario