Porque
unha imaxe alimenta máis que mil palabras, aí vos vai este xenial proxecto do alumnado de 1ºBACH de Debuxo Artístico: a medio camiño entre a publicidade e o humor, é posible que
se Picasso entrase na cociña e se botara á propaganda acabase ocorrendo isto... Como o poderiamos titular?
Alimentalízate?
Publialimentalízate? ou algo tipo...
Cociñando imaxes? Podes deixar a túa suxestión nos comentarios...
Como vedes, é unha estupenda colaboración no noso proxecto Mens Sana!
Aí vos deixamos as obras de arte!