jueves, 23 de mayo de 2019

"La isla de las flores"

Unha curta para a reflexión. Partillámosvos este traballo da hora de lectura, en colaboración con Mens Sana in Corpore Sano e a campaña de consumo responsable Cómprame a Igualdade. Entre todos traballamos para concienciar á nosa comunidade educativa e fomentar o espírito crítico.

Neste padlet podedes atopar a curta que vimos, traballamos e debatimos en clase, "La isla de las flores", a dinámica de traballo e algúns dos produtos finais (algúns estámolos aínda rematando...) .

É curioso o feito de que cada persoa ten diferentes xeitos de asimilar o que aprende, e tamén o feito de que os datos e as ideas calan de diferente modo nas mentes de cada un. Reciclaxe, racismo, antibelicismo, xustiza social... Co mesmo punto de partida, cada membro do grupo destilou diferentes conclusións e sintetizounas de maneiras diversas nos seus produtos finais.

Aí vos deixamos o froito do noso traballo.


Hecho con Padlet

martes, 14 de mayo de 2019

O noso decálogo da hixiene!

Os de Cultura Científica, que están traballando arreo no seu proxecto sobre Redución, Reutilización e Reciclaxe, sacaron tamén un ratiño para elaborar este decálogo tan ben feitiño para que a convivencia sexa un pouco máis doada e a nosa saúde mellore. Xa está pendurado en tódalas aulas, por se algún puntiño se nos esquece... Agardamos que non!

viernes, 3 de mayo de 2019

Os documentos gráficos da Xornada Deportiva do 12 de abril!

Fixéronse esperar, pero xa temos aquí os testemuños gráficos dos bos ratos que pasamos na Xornada Deportiva coa que lle demos a benvida ás vacacións... Sobran as palabras. Dende aquí, dar as grazas ás persoas que as fixeron posibles, tanto membros do equipo directivo e do claustro como dos colaboradores que se prestaron a botarnos unha man: a monitora de Pilates e profe de ximnasia rítmica de Celanova Thais López, os membros de Capoeira Ourense Andarué e o xogador neozelandés de rugby Jason Harvey que se brindaron a facer os obradoiros co alumnado.