En tempos pandémicos non descoidamos o noso programa de vida saudable, e xa recuperamos a nosa actividade física ao aire libre como levamos facendo nos últimos cursos. Desta vez, sen compartir materiais!
miércoles, 21 de octubre de 2020
viernes, 26 de junio de 2020
miércoles, 3 de junio de 2020
Hoxe, retámosvos!
Achegámosvos, da man da Aula Virtual do Departamento de Educación Física, estes retos para que vos manteñades activos:
viernes, 29 de mayo de 2020
"A tenda da esquina", un proxecto do Departamento de Debuxo Artístico e Mens Sana
O Departamento de Debuxo decidiu este ano basear algúns dos seus proxectos na vida saudable.
Este en particular vais ser presentado aos Premios á Innovación Educativa Escola Viva, convocados por Fete UGT. A ver se hai sorte, e, se non, o importante é participar!
Deixámosvos a memoria e os materiais de "A TENDA DA ESQUINA". Pica na imaxe para ver a memoria presentada, e visita a continuación o taboleiro padlet de materiais. É todo chulísimo!

miércoles, 13 de mayo de 2020
Rutina de acondicionamento físico básico
O Departamento de Educación Física continúa elaborando pero tamén pescudando na rede os mellores recursos para que a actividade física non pare. Desta vez atopamos na súa aula virtual (xa sabes que podes entrar como convidado/a) unha rutina básica ben clariña e completa. Deixámola aquí, pero non deixedes de visitar todos os recursos e propostas que nos achegan.
miércoles, 29 de abril de 2020
Non vale parar!
Recordámosvos, de novo, que a actividade física non debe parar no confinamento... hai moitas e variadas actividades que podedes facer. Na Aula Virtual do Departamento de Educación Física hai un montón de recursos e ideas, entre eles este Monopoly tan orixinal para que poidades participar todos na casa. Que o pasedes ben!
jueves, 23 de abril de 2020
Efemérides: Día da Terra e Día do Libro
Onte, o Día da Terra. Hoxe, o Día do Libro... Estas datas
axúdannos de xeito especial a visibilizar cuestións importantes que ás veces quedan agochadas nas nosas rutinas vitais.
Compartimos este material elaborado por Enxeñería Sen Fronteiras Galicia que celebra perfectamente as dúas datas: "60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar", un compendio de frases célebres coa súa autoría, agrupadas por temáticas (cada temática se presenta cun breve texto) relacionadas con cooperación para o desenvolvemento, educación, soberanía alimentaria, paz, dereitos humanos, voluntariado...Tamén inclúe os relatos O home que prantaba árbores e Canta terra necesita un home.
Lecturas fantásticas para tomar conciencia. Pica na imaxe e que aproveite!

viernes, 3 de abril de 2020
jueves, 26 de marzo de 2020
Non perdas a forma!
O Departamento de Educación Física achéganos unhas rutinas para que durante o confinamento forzoso que estamos a vivir poidamos continuar coa actividade física que tanto ben nos fai.
Entra neste enlace á aula virtual do IES e xa podes comezar!!!! Entra na aula como convidado, que está aberta.
Entra neste enlace á aula virtual do IES e xa podes comezar!!!! Entra na aula como convidado, que está aberta.
Imaxe procedente de : pxhere.com
miércoles, 25 de marzo de 2020
Pautas en tempos de Coronavirus
Da man do Departamento de Orientación, aquí vos deixamos unhas pautas que nos axuden a levar mellor estes días.
Non deixedes de visitar o seu novo blog, https://orientacioniescelanova.blogspot.com/.
Non deixedes de visitar o seu novo blog, https://orientacioniescelanova.blogspot.com/.
martes, 24 de marzo de 2020
Mens Sana no departamento de Debuxo Artístico
Porque unha imaxe alimenta máis que mil palabras, aí vos vai este xenial proxecto do alumnado de 1ºBACH de Debuxo Artístico: a medio camiño entre a publicidade e o humor, é posible que se Picasso entrase na cociña e se botara á propaganda acabase ocorrendo isto... Como o poderiamos titular? Alimentalízate? Publialimentalízate? ou algo tipo... Cociñando imaxes? Podes deixar a túa suxestión nos comentarios...
Como vedes, é unha estupenda colaboración no noso proxecto Mens Sana!
Aí vos deixamos as obras de arte!
Como vedes, é unha estupenda colaboración no noso proxecto Mens Sana!
Aí vos deixamos as obras de arte!
miércoles, 18 de marzo de 2020
Informándonos sobre a situación.
Xa sabedes, o importante nestes momentos de illamento é manterse activos e aproveitar o tempo. E estar correctamente informados, non facendo caso a bulos nin a informacións sesgadas. Consideramos que a Asociación Española de Pediatría pode ser una boa fonte, así que aquí vos deixamos unhas pautas de actuación con respecto ao COVID-19 que nos está tocando vivir.
Neste enlace da AEPed atoparedes máis información sobre este e outros temas de interese.
Pola nosa parte, seguiremos partillando materiais para que se faga máis levadeiro o confinamento. Lembrade, Mens Sana in Corpore Sano!

lunes, 9 de marzo de 2020
Mens Sana visibilizando!!! Luisa Pérez no IES Celanova
Dentro das actividades relacionadas co 8M, dentro do programa Mens Sana in Corpore Sano tivemos a sorte de gozar dun encontro con Luisa Pérez. Non vos di nada o nome? Pois aclarámolo: nacida en Cartelle nunha familia moi numerosa, é a día de hoxe unha das autoridades nacionais e internacionais en arritmoloxía (patoloxía cardíaca), exercendo a súa laboura no Hospital Juan Canalejo de A Coruña.
Nunha amena charla (que ela titulou Memorias dunha nena labrega) explicounos como unha nena de Cartelle, de familia humilde, chega a cumplir a súa máxima vocación: axudar, curar... Todo a base de amor pola súa profesión, esforzo e sacrificio... un exemplo a seguir e un referente para o noso alumnado!!! E ademáis unha defensora acérrima da nosa cultura e do noso idioma.
Máis sobre ela:
Coordinadora da Unidade de Arritmias do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.
Licenciada en Medicina e Cirurxía na Facultade de Medicina da Universidade Autónomade Barcelona en 1981.
Especialista en Cardioloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona en 1987. Especialista en Electrofisiología Cardíaca diagnóstica e Terapéutica pola Universidade Complutense de Madrid en 1996.
Magíster en Electrofisiología Cardíaca diagnóstica e terapéutica obtido durante os cursos académicos 1997-98 e 1998-99”, pola Universidade Complutense de Madrid. Título de Acreditación en Formación Específica para a Práctica de cursos académicos 1997-98 e 1998-99”, pola Universidade Complutense de Madrid.
Certification in Interventional Cardiac Pacing da ESC 2010.Certification in Invasive Electrophysiology da ESC 2011.
Autora de máis dunha vintena de artigos en revistas nacionais e internacionais.
E o máis importante: unha persoa sinxela e humilde que acudiu ao noso centro desinteresadamente para partillar con nós un ratiño ben aproveitado. Mil grazas por visitarnos!
Foto procedente de: www.elidealgallego.com

viernes, 6 de marzo de 2020
Visitamos as instalacións deportivas do Campus Universitario de Ourense
Algún do noso alumnado de 2ºBach cursará o ano que vén estudos universitarios no Campus da Auga (o Campus de Ourense), así que, para que coñezan de antemán as posibilidades de realizar actividade física, o Departamento de Educación Física organizou onte unha visita ás instalacións deportivas das que poderán facer uso... Incluso probaron co pilates, o cycling, visitaron as salas de máquinas e moito máis.
jueves, 13 de febrero de 2020
A actividade física pode rexenerar neuronas?
Pois parece ser que a actividade física non produce neuroxénese en si pero... si pode producir melloras no sistema cognitivo, mediante a sinaptoxénese, que é a creación de novas conexións entre as neuronas, ou mediante o aumento do fluxo sanguíneo do cerebro.
Amplía información lendo este interesante artigo. Non vale parar!
Amplía información lendo este interesante artigo. Non vale parar!
lunes, 3 de febrero de 2020
Novo éxito no cross provincial!!!
O noso equipo acadou o terceiro posto no cross provincial celebrado en Monterrei o sábado pasado. Noraboa!!!
Iago, Jorge Gabriel, Germán, Mauro e Tomé.
viernes, 31 de enero de 2020
A Xunta tentará implantar unha terceira hora de educación física semanal.
A nosa mocidade necesita actividade fisica... Oxalá se poida levar a cabo esta medida! Máis información aquí.
viernes, 24 de enero de 2020
Boas noticias! Éxito en Muiños!
Comezamos con éxito a nosa participación no programa Xogade da Consellería de Educación con podios e grandes resultados no campo a través de Muiños.
Acadamos primeiro e segundo posto na categoría infantil masculina: Adrián Rodríguez Martínez e Adán Rodríguez Rodríguez ocuparon as primeiras prazas.
E na categoría cadete masculino ocupamos 7 dos 8 primeiros postos!!!
O primeiro acadouno Germán González Ventura, e o terceiro, Mauro Mociño Moya, e así sucesivamente ata o oitavo: Jose Bugallo Cabano, Hugo Pereira González, Tomé Alexandre Stoehr Rodríguez, Jorge Gabriel Lopera Álvarez e Iago González Martínez.
Pero o máis importante é que foi un día de deporte, vida sana e convivencia, e que foi unha experiencia inesquecible. Noraboa a todos e todas e ata outra!
viernes, 10 de enero de 2020
Feliz 2020... suando a camiseta!
Hoxe traémosvos, para iniciar o ano no blog Mens Sana in Corpore Sano unha noticia que temos que esforzarnos por revertir: As adolescentes fan menos actividade física que os seus compañeiros. Isto é curioso, porque segundo os estudos do INE (Instituto Nacional de Estatística), as mulleres, en conxunto, fan máis actividade física que os homes nos niveis de intensidade "baixo" e "moderado", e son aventaxadas polos homes en nivel de intensidade "alto" (competición).
Fonte: https://www.ine.es/ss/Satellite?L=es_ES&c=INESeccion_C&cid=1259926457058&p=1254735110672&pagename=ProductosYServicios%2FPYSLayout¶m1=PYSDetalle¶m3=1259924822888
Que é o que pasa nas primeiras franxas de idade? Terá algún compoñente educacional? No artigo que vos presentamos hoxe amósanse certas razóns para o sedentarismo das nenas, por exemplo, que a eles se lles ofertan máis actividades físicas e a elas máis actividades sedentarias; o xeito en que se lles viste dende pequenos condiciona o seu movemento, ou o feito de que a elas se lles valora máis o aspecto físico e a eles as súas habilidades motrices.
Dende o noso programa de vida saudable, tentaremos loitar contra esta tendencia. Non deixedes de ler aquí o artigo, que é moi interesante.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Estamos encantados de contarvos novas do noso alumnado deportista. Acudimos ao texto que as Escolas Deportivas de Celanova colgaron nas rede...
-
Nuria Pascual e Raúl González, ambos matriculados en 2.º ESO C no IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro, acadaron coa Selección Galega de Fút...
-
Comezamos con éxito a nosa participación no programa Xogade da Consellería de Educación con podios e grandes resultados no campo a través d...