jueves, 9 de diciembre de 2021

FANTÁSTICA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE FOTOPOEMAS "ENTRE_VISTAS"

 

Estamos encantadas polo ben que saiu a presentación da exposición de fotopoemas ENTRE_VISTAS, na que Juan Vila aportou as imaxes e Xoan Carlos Domínguez Alberte, a literatura. 

Acudiron ao acto veciños e veciñas, nais e pais, alumnos e alumnas, poetas, representantes do concello e algúns profes. Parécenos moi importante e significativo o feito de reunir a membros das comunidades educativas dos centros públicos da vila (cole e instituto) en colaboración estreita co concello para apoiar ao noso querido proxecto Basket X Libros, que como sabedes, levamos a cabo conxuntamente co CEIP Curros Enríquez. Bravo! 

O evento, no que interviñeron os artistas e o alcalde, e no que se leron unhas palabras de apoio do director do IES, contou tamén con poesía e música. A Casa dos Poetas foi o lugar elixido, como non podía ser doutra maneira, para inaugurar a exposición, e albergala durante os meses de decembro e xaneiro.

Xa quedan á vosa disposición na Librería Conde os fotopoemas impresos en forma de fermosas tarxetas para que fagades fantásticos agasallos de nadal, e unhas tazas preciosas que veredes nas imaxes.

Por certo, todas as imaxes que mostramos a continuación foron cedidas pola Fundación Curros Enríquez a través das súas redes sociais. Moitísimas grazas por apoiarnos!

 Lembrade que todos os beneficios da venda destes produtos serán para Basket X Libros. Longa vida a este proxecto!










martes, 30 de noviembre de 2021

O Tesouro dos Xogos Olímpicos

 Perdoade a nosa prolongada ausencia, pero estivemos moi ocupados co arranque do curso. Prometemos no sucesivo dar máis sinais de vida e informarvos de todo o que estamos a facer no programa Mens Sana in Corpore Sano do IES Celanova, que son moitas cousas.

Polo momento, achegámosvos un vídeo da fantástica actividade colaborativa que se realizou o curso pasado sobre este material dos Xogos Olímpicos e que quedou así de ben:





domingo, 11 de julio de 2021

Educación Física nun curso diferente

 A pandemia está a poñer a proba a nosa saúde, o sistema enteiro e mesmo a nosa paciencia. Pero non nos botamos atrás e aquí podedes ver o ben que funcionaron as clases de Educación Física durante o curso que xa pasou. Quedaron algunhas cousiñas no tinteiro que tentaremos achegarvos a través desta bitácora, que tentaremos actualizar con máis frecuencia cando vaia chegando a tan ansiada "normalidade".

Mentres, que funcionen os protocolos e a creatividade: mirade todo o que se fixo ao longo do curso botando man de disciplina e organización:


miércoles, 26 de mayo de 2021

Recomendacións: fondos da biblio sobre vida saudable.

 Presentámosvos o noso novo panel no que iremos recomendando diversos fondos da biblioteca relativos a deporte e vida saudable. Os formatos, como vedes, son diversos: narrativa, banda deseñada, películas, revistas... Iremos actualizándoo e ampliándoo coas novidades que veñan e será unha referencia para as vosas escollas lectoras. Animádevos! Vinde á biblioteca, que é moi saudable!




miércoles, 3 de febrero de 2021

2021, ano olímpico!

Xa sabemos que cecáis botedes de menos algo más de actividade no blog, pero certamente estamos atarefadísimos mantendo a seguridade sanitaria no centro, e hai que dicir que de momento non nos vai mal!

Pero non nos esquecemos de promocionar a vida saudable como hábito impresdindible e deixámosvos hoxe uns referentes olímpicos para que nos inspiren e nos motiven. Non é material elaborado por nós, pero pensamos que é ben bonito e interesante. Faremos tamén unha exposición física en paneis dos nosos corredores. Agardamos que vos guste!