Os nosos dous últimos recoñecementos son o Premio de Traballo por Proxectos a "Consortes Con Sorte?", que vos referimos no noso blog da biblioteca Bibliopoleiro, e un dos Premios Proxecta polo noso traballo con Meteoescolas, cuxa entrega terá lugar proximamente.
Os que sodes da casa sabedes que levamos xa varios anos dentro deste programa, en concreto dende 2012, que comezou sendo un proxecto de tres departamentos (Ciencias Naturais, Xeogrfaía e Historia e Matemáticas) e agora aglutina colaboracións de case tódolos departamentos. Son tantas as actividades que se levan feito que é complicado resumilas todas. O xerme do asunto é a nosa estación meteorolóxica da que obtemos datos que procesamos para despois comparalos cos datos obtidos nas estacións de Meteogalicia, tanto na nosa zona como noutras de Galicia, e así valorar os cambios no clima e coñecer as diferentes zonas climáticas. Inspirados nesta temática, outros departamentos uníronse ao proxecta, cada un abordando o clima dende a súa perspectiva. Podedes ver todo este gran traballo no blog do programa, escarabana.blogspot.com.
Deixámosvos cos tres vídeos sobre o cambio climático que lle valeron ao noso alumnado o chegar á final no concurso Galiciencia.
Servirá todo este gran traballo para que tomemos conciencia da situación e poñamos medidas para evitar fatais consecuencias? Agardamos que si!
No hay comentarios:
Publicar un comentario