Benvidos e benvidas ao novo curso, que como sabedes estreamos co noso flamante distintivo de calidade do Ministerio de Educación "Sello de Vida Saludable".
Desexámosvos o mellor para esta nova andaina, lembrándovos que dende esta bitácora irémosvos informando de cantas actividades do centro estean relacionadas coa vida saudable, o consumo responsable, o desenvolvemento sostible, a boa convivencia, o ocio positivo... E tamén colgaremos enlaces a documentos e vídeos de interese sobre estes temas.
Alá vos vai no día de hoxe este interesante vídeo de "El Comidista" sobre os alimentos ultraprocesados, os inimigos da nosa dieta. Como sabedes, moitos alimentos que se venden mesmo con etiquetas de "sans", "light", "0%" son en realidade moi insalubres, e empregan técnicas publicitarias enganosas para colarse nas nosas despensas.
Os ultraprocesados, como se explica no vídeo, son facilmente recoñecibles: teñen moitos, moitísimos ingredientes, dos cales a maioría non estarían presentes na nosa cociña: estabilizantes, potenciadores do sabor, glutamatos, etc.; e ademais, teñen, habitualmente, excesivos azucres, sal e graxa.
Non vos perdades o vídeo, a vosa saúde volo agradecerá.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
Estamos encantados de contarvos novas do noso alumnado deportista. Acudimos ao texto que as Escolas Deportivas de Celanova colgaron nas rede...
-
Nuria Pascual e Raúl González, ambos matriculados en 2.º ESO C no IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro, acadaron coa Selección Galega de Fút...
-
Comezamos con éxito a nosa participación no programa Xogade da Consellería de Educación con podios e grandes resultados no campo a través d...
No hay comentarios:
Publicar un comentario