Unha curta para a reflexión. Partillámosvos este traballo da hora de lectura, en colaboración con Mens Sana in Corpore Sano e a campaña de consumo responsable Cómprame a Igualdade. Entre todos traballamos para concienciar á nosa comunidade educativa e fomentar o espírito crítico.
Neste padlet podedes atopar a curta que vimos, traballamos e debatimos en clase, "La isla de las flores", a dinámica de traballo e algúns dos produtos finais (algúns estámolos aínda rematando...) .
É curioso o feito de que cada persoa ten diferentes xeitos de asimilar o que aprende, e tamén o feito de que os datos e as ideas calan de diferente modo nas mentes de cada un. Reciclaxe, racismo, antibelicismo, xustiza social... Co mesmo punto de partida, cada membro do grupo destilou diferentes conclusións e sintetizounas de maneiras diversas nos seus produtos finais.
Aí vos deixamos o froito do noso traballo.
jueves, 23 de mayo de 2019
martes, 14 de mayo de 2019
O noso decálogo da hixiene!
Os de Cultura Científica, que están traballando arreo no seu proxecto sobre Redución, Reutilización e Reciclaxe, sacaron tamén un ratiño para elaborar este decálogo tan ben feitiño para que a convivencia sexa un pouco máis doada e a nosa saúde mellore. Xa está pendurado en tódalas aulas, por se algún puntiño se nos esquece... Agardamos que non!
viernes, 3 de mayo de 2019
Os documentos gráficos da Xornada Deportiva do 12 de abril!
Fixéronse esperar, pero xa temos aquí os testemuños gráficos dos bos ratos que pasamos na Xornada Deportiva coa que lle demos a benvida ás vacacións... Sobran as palabras. Dende aquí, dar as grazas ás persoas que as fixeron posibles, tanto membros do equipo directivo e do claustro como dos colaboradores que se prestaron a botarnos unha man: a monitora de Pilates e profe de ximnasia rítmica de Celanova Thais López, os membros de Capoeira Ourense Andarué e o xogador neozelandés de rugby Jason Harvey que se brindaron a facer os obradoiros co alumnado.
miércoles, 27 de marzo de 2019
Mens Sana coas matemáticas!
Tempo hoxe para amosarvos este bonito traballo do noso alumnado organizado polo departamento de matemáticas e co que participarán no concurso "Explícoche Matemáticas 2.0 2019" da Facultade de Matemáticas da USC.
Paula e Fran - alumnos de 4º de ESO - explican o uso da trigonometría a través deste vídeo que se realizou no patio do noso instituto para medir a altura dun ciprés e calculalo a través dos datos proporcionados co teodolito (un instrumento de medición mecánico-óptico que se utiliza para obter ángulos verticais e horizontais, na maioría dos casos, ámbito no cal ten unha precisión elevada - Wikipedia) que trouxo Xavier e a axuda de Rosa, profesora de matemáticas do centro. Grazas a Carlos Alonso por axudarnos con todo!
martes, 26 de marzo de 2019
Atención! Á vista xornada deportiva!!! O día 12 de abril!!!!
Xa estamos organizando a próxima xornada deportiva, que será o 12 de abril a partir das 10.25, e este ano haberá sorpresas... Ademáis dos partidos de profesorado e alumnado teremos tamén xogos populares e... ATENCIÓN, ATENCIÓN: capoeira e pilates!!!! Ídevos preparando!!!! Para que vos documentedes, aquí deixamos un par de vídeos.
miércoles, 13 de marzo de 2019
Experiencia Andorra: de novo, inesquecible
Máis vale unha imaxe que mil palabras. Aí vos queda o vídeo-resumo do que foi unha experiencia para todos fantástica que xa vai pola súa terceira edición.
martes, 12 de marzo de 2019
Comida por semana no mundo: Concienciándo-Nós sobre a nutrición responsable
E por fin, o padlet completo con toda a información sobre este mini-proxecto que realizou o alumnado de 2ºESO nas Horas de Lectura dentro do programa Mens Sana. Os medios son austeros, pero o importante é reflexionar sobre como se consume globalmente e como nos pode afectar a nós o noso propio consumo e o das persoas que nos rodean, a nivel saúde persoal e colectiva. Esperamos que vos guste.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Estamos encantados de contarvos novas do noso alumnado deportista. Acudimos ao texto que as Escolas Deportivas de Celanova colgaron nas rede...
-
Nuria Pascual e Raúl González, ambos matriculados en 2.º ESO C no IES Celanova-Celso Emilio Ferreiro, acadaron coa Selección Galega de Fút...
-
Moitos parabéns a todos e todas! Pica na imaxe para acceder á noticia completa! E accede aquí aos testemuños en vídeo: https://fb.watch/k69L...
