lunes, 24 de abril de 2023

SUBCAMPIONATO PARA OS NOSOS E AS NOSAS! PARABÉNS!


Moitos parabéns a todos e todas! Pica na imaxe para acceder á noticia completa!

E accede aquí aos testemuños en vídeo: https://fb.watch/k69LrFdkkn/  e  https://fb.watch/k69AKnbDCK/

domingo, 23 de abril de 2023

Feliz Día do Libro!!!

 En pleno apoxeo de partidos e competicións, o noso club de lectura e deportivo en colaboración co CEIP Curros Enríquez Basket x Libros felicita o día do libro levando á mascota Mouchiño á biblioteca da Casa dos Poetas. 





jueves, 20 de abril de 2023

NURIA PASCUAL E RAÚL GONZÁLEZ CONVOCADOS COA SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALA

Dous alumnos do IES Celanova debutaron coa selección galega de fútbol sala no Campionato de España que se disputa en Murcia nesta semana.







lunes, 3 de abril de 2023

Xornada deportiva 2023: retomamos o que a pandemia nos roubara

Recuperamos a Xornada Deportiva que xa era tradición na prepandemia: o último día do segundo trimestre tocaba compartir actividade física con toda a comunidade educativa.

Así, celebramos a 4ª xornada deportiva na que participou o alumnado e o profesorado do centro. Practicamos diferentes deportes como fútbol sala, baloncesto, brilé e colpbol. 

Os resultados foron o de menos, o máis importante foi que todos practicamos deporte. Aquí queda unha pequena mostra das actividades. 






 

viernes, 24 de febrero de 2023

BXL : Agradecendo colaboracións

 Basket x Libros agradece neste fermoso vídeo as colaboracións e apoios na nosa vila! Pica na imaxe para velo completo.



miércoles, 7 de diciembre de 2022

Non estivemos parados... Novas iniciativas en Mens Sana!

 Non estivemos parados, non... É que poñer en marcha un novo curso con nova lei incluída non e pouca cousa.

Queremos contarvos que este curso hai unha nova materia, Proxecto Competencial, que no IES Celanova adicaremos a traballar co alumnado aspectos como a alimentación saudable, publicidade, redes sociais, imaxe corporal e seguridade en internet, elementos que consideramos clave para o nosos alumnado e que son un complemento ideal para a práctica deportiva. 

Ademáis, contnuamos cos recreos saudables, volvemos a participar en Xogade e... xa está en marcha a semana branca en Andorra!

Deixámosvos una imaxe do fantástico traballo desenvolvido polo alumnado de Proxecto Competencial, sobre o consumo de azucre.





miércoles, 22 de junio de 2022

BASKET X LIBROS NON PARA!

 



Que bonito e concorrido foi o acto de presentación do libro de fotopoesía Entre_Vistas! Ben arroupados por pequenos e grandes, os autores do libro contáronnos experiencias e anécdotas, houbo tempo para os parabéns, o recitado de poemas do libro e a música. Tamén as autoridades fixeron acto de presencia apoiando esta fermosa iniciativa. Deixámosvos unhas imaxes que a Fundación Curros moveu polas súas redes sociais (moitísimas grazas tamén!).

 É unha sorte poder continuar colaborando cole e instituto, pequenos e grandes, profes e familias, e institucións da vila e provinciais. Adiante Basket x Libros!!!

 





Na nosa biblio xa podedes colaborar levando o libro por só 10 "ouriños" de donativo!