“A
Música, pulso&matriz. Saúde na educación” é un proxecto educativo
interdisciplinar que ten como obxectivo a formación integral do alumnado, para
mellorar a súa calidade de vida e o seu crecemento persoal, intelectual e
cognitivo a través da aplicación da música e o son. Está incluído dentro do
proxecto de centro “Mens sana in corpore
sano”, que fomenta os hábitos saudables do alumnado na alimentación e o
exercicio físico.
As sesións realízanse cunha periodicidade
mensual e para todo o alumnado cos musicoterapeutas Montse Merino e Marco Costa. O traballo realizado
ao longo do curso terá como resultado final a representación “Harry e Merincios. Maxia e música”: Harry
o Mago ven a Galicia a visitar á súa amiga Merincios a Meiga para propoñerlle
algo que ela non poderá rexeitar. O escenario do seu encontro, será o IES de
Celanova, pois hai anos Harry, casualmente, visitou o edificio e quedou
prendado del, da súa intrigante historia e do grande parecido co seu querido
Colexio Hogwarts de Maxia.
Tivemos un aperitivo do resultado final o día 21 de decembro cunha interesante actividade...
E para darvos unha pista do que son as sesións, aquí vos deixamos esta montaxe. Seguiremos informando!
No hay comentarios:
Publicar un comentario