lunes, 26 de noviembre de 2018

Recreos saudables vento en popa!

Quítannola das mans! Por fin a froita é a protagonista nos recreos dos xoves... foitiña rica, fresquiña, de tempada, como ten que ser. Cundirá o exemplo e se tornará protagonista o resto dos días? Agardamos que si. Mirade, mirade que boa aceptación ten!


martes, 6 de noviembre de 2018

Sen tempo non foi! Volvemos á carga con boas noticias!!!

Como sabedes, somos do máis mediático: de novo aparecemos na prensa, e para ben, como non podía ser menos.

 Neste artigo, La Región comparte cos lectores o noso recente recoñecemento nos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2018 e outros proxectos que estamos a poñer en marcha neste curso 18-19.

Destacou a prensa ademais, moi positivamente, o noso programa Mens Sana in Corpore Sano, e mesmo aparece unha foto dos Recreos Saudables!!!

Deixámosvos o enlace ao artigo, que aproveite! Seguiremos informando!


martes, 26 de junio de 2018

E, por fin, o vídeo!!!! Felices vacacións!!!!

Toda a comunidade educativa representada no noso multitudinario flashmob para celebrar a chegada das vacacións! Feliz verán!!!


martes, 19 de junio de 2018

Algo vai pasar o día 21 de xuño...

Atentos e atentas... levamos xa varias semanas practicando, repetindo, ensaiando... quecendo, en definitiva, para o fin de festa deste curso 18-19...

Non vale parar...! Por se acaso, alá vai o tutorial para que aprendades ben a coreografía para o flashmob co que celebraremos a chegada do verán e as vacacións!!!


viernes, 18 de mayo de 2018

Non vale parar: a TvG no IES Celanova

Así de mediáticos somos: a TVG veu facer unha reportaxe para o programa Vivir Aquí, sobre a vida do centro, e así foi o resultado...

 

miércoles, 25 de abril de 2018

Mañá toca... Xoves Saudable!!!

Pois si, mañá, como tódolos últimos xoves de mes, na cafetería teremos froita e bocatas, auga e zumes, e nada de bollería nin refrescos... A ver se nos imos dando de conta de que nos senta moitísimo mellor a comida saudable, e non enchemos o bandullo con refrescos cheos de gas e azúcares. Deixámosvos uns consellos nutricionais da Asociación Española de Pediatría: Pincha na pirámide alimentaria!



E para máis información, aquí vos vai outro artigo da Asociación Española de Pediatría, que tamén podes atopar neste enlace .